
Este sábado, 12 de maio, celebramos as letras galegas cós autores de “Sálpock O val dos Cegos”, Álvaro López e Luís Sendón, na librería Metropolis de Ferrol ás 12:00h da mañán.A obra resultou finalista do Premio Castelao 2011 e contén o código de descarga dun xogo de rol ambientado no propio universo de Zakfart e realizado por Roberto Díaz, ilustrado polos propios autores.
Os autores farán un striptease galáctico, que estará a altura da mellor ciencia-ficción, desnudando os secretos máis ocultos do mundo de Zakfart. Non perdades a ocasión de levarvos un exemplar asinado e tomar un pincho.
Adxuntamos cartel da sesión de sinaturas, graciñas pola difusión e disfrutade da festa.
Trailer da obra: http://www.youtube.com/watch?v=SqTBKOpENoc
E para os que o día anterior estedes en Ferrol, tamén podedes ver actuando ao debuxante desta obra coa sua potente banda de grindcore Nasghul. As autoridades sanitarias advirten que esta actividade non é apta para terrestres con problemas cardíacos.
ASTELEIRO GRINDCORE ASSAULT FEST
BANDAS:
Nashgul: A Coruña
Catheter: Denver – USA
Streetwalker: Seattle – USA
Arem3: FerrolLugar: Sala Super8 (C/Real , 223, 15401, Ferrol)
Fecha: Viernes 11 Mayo 2012
Hora: 21:00 hrs.
Entrada: GRATIS !!





